Evolución da política galega de innovación: de cero á especialización intelixente

O obxectivo deste artigo é explicar os cambios acontecidos na política galega de innovación durante as dúas últimas décadas. Observamos que esta política xurdiu como unha política de innovación, e non só de ciencia e tecnoloxía, a finais dos anos 90. En certo modo, existe un patrón de continuidade a...

Full description

Saved in:
Bibliographic Details
Published inRevista galega de economía Vol. 28; no. 2; pp. 23 - 38
Main Authors González-López, Manuel, Guntín-Araújo, Xulia
Format Journal Article
LanguageEnglish
Galician
Published Universidade de Santiago de Compostela 12.09.2019
Subjects
Online AccessGet full text

Cover

Loading…
More Information
Summary:O obxectivo deste artigo é explicar os cambios acontecidos na política galega de innovación durante as dúas últimas décadas. Observamos que esta política xurdiu como unha política de innovación, e non só de ciencia e tecnoloxía, a finais dos anos 90. En certo modo, existe un patrón de continuidade ata o 2009 en que os cambios viñeron determinados en boa medida por procesos de imitación e aprendizaxe, sendo particularmente relevante as interaccións con outros niveis de goberno. Así, a política de innovación española foi moi influente no que se refire ao organigrama institucional de goberno, particularmente ao inicio. A influencia do nivel europeo foi aumentando gradualmente, sobre todo no eido da selección de prioridades e instrumentos, ata chegar ao punto culminante na actualidade coa RIS3. Aínda así, a política galega de innovación foi pouco a pouco consolidando unha dinámica propia, debido aos propios procesos internos de acumulación de experiencias e de aprendizaxe. A partir do ano 2009 prodúcense mudanzas de certo calado, en boa medida debido á crise económica. Esa crise no só significou unha diminución do orzamento público para a innovación, senón que tamén posibilitou un escenario para que puideran aplicarse cambios na orientación ideolóxica e nos instrumentos desta política.
ISSN:1132-2799
2255-5951
DOI:10.15304/rge.28.2.6154